A federación española deu alternativas ó CD Boiro, se querían optar a unha praza en Segunda B solicitándoa como un equipo de terceira división, e así o fixeron. 22 clubs presentáronse para optar ás prazas do Boiro e o Gavá, onde primou o estado económico e os méritos deportivos de cada club, sempre que estiveran dispostos a pagar os 133.000 euros pola praza. A proposta do Boiro foi aceptada, e tiñan posibilidades, pero finalmente as prazas foron para o Cerceda e o Peralada , que lograrán o ascenso a segunda B se pagan os 133.000 euros da praza.
A Directiva do Boiro afirmou ser consciente de que o equipo ten que manterse no seu sitio e seguir loitando, David Places e o resto da directiva propuxeron facer unha xunta xestora que organice o comezo desta tempada.
https://www.youtube.com/watch?v=bBiac850YaA