A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou esta tarde en Ribeira no Campamento Internacional Soño Olímipico organizado polo club Natural Sport Videlgi que conta coa participación de máis de 200 nenos e nenas e uns 20 adestradores. Alí, a secretaria xeral animou aos participantes a continuar polo camiño “do deporte, do sacrificio, da constancia.
Marta Míguez gabou o taekwondo como “un deporte inmellorable para a nosa sociedade, tanto por ser deporte e fomentar uns hábitos de vida saudables como por todos os valores que transmite”.
A secretaria xeral falou de que o camiño do deporte tamén conta cunha característica de gran importancia como é a igualdade.
https://www.youtube.com/watch?v=cJvDP7G1N_E