Deputación Da Coruña

O Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña deixará 9 millóns de euros na comarca.

O Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña deixará 9 millóns de euros na comarca. Cun orzamento de 74 millóns, o plan é o mellor dotado da historia da institución e suporá o inicio de 353 actuacións públicas nos concellos.

Do orzamento global, 36.068.439,49 destinaranse a obras e subministros, 21.675.284,65 a gastos correntes, 97.188,92 a honorarios de realización de proxectos, 812.247, 38 a achegas municipais a outros plans, 3.085.899 ao pago a provedores e 5.461.214, 68 a redución de débeda dos concellos con entidades financieiras.

Os 74 millóns do Plan Único de Concellos van ser suplementados proximamente coa incorporación de novos remanentes cunha previsión de investimento de 20 millóns máis a través dun plan complementario. Destacou que o POS+ suporá 353 actuacións públicas ás que se incrementarán as novas licitacións dos concellos ao satisfacer a débeda con provedores e entidades financieiras. Regueira anunciou tamén a intención de que o próximo ano a aprobación se adiante ao mes de abril e lamentou o retraso pola complexa tramitación deste primeiro Plan Único de Concellos.

O POS+2017 integra o anterior POS, PAI e PAS e incorpora once liñas de subvención nun plan único cun reparto obxectivo e transparente que permitirá aos concellos máis autonomía e poder de decisión sobre o destino dos fondos.

https://www.youtube.com/watch?v=2OlnsOf1xVA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.