O encargado de abrir o mercado municipal de Ribeira atopábase esta mañá coas portas abertas, signo de ter recibido a vista dos cacos. Unha das portas tiña os cristais rotos e a outra estaba atascada tendo que entrar os clientes por unha das portas laterais. É o resultado da acción dos ladróns, que forzaron estas portas de cristal corredoiras para entrar a roubar no mercado municipal. Unha vez dentro camparon ás súas anchas, facéndose con unha boa cantidade de peixe e marisco, así como algún diñeiro en efectivo.
https://www.youtube.com/watch?v=iBY9UAPnjac