Sin categoría

A Xunta de Galicia destinará un millón de euros a reparación, rehabilitación ou adaptación de edificios de vivendas protexidas promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda

A Xunta de Galicia destinará un millón de euros a reparación, rehabilitación ou adaptación de edificios de vivendas protexidas promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda ou transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia (vivendas de promoción pública).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Resolución pola que se convocan ditas subvencións, dirixidas ás comunidades de propietarios dos edificios de vivendas obxecto desta convocatoria, sempre que non recibisen outra axuda do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/RreaIj.

Consideraranse actuacións subvencionables, todas aquelas obras destinadas á reparación, á rehabilitación e/ou á adaptación dos edificios incluídos no ámbito de aplicación desta convocatoria que comprendan Adecuación das condicións de seguridade
Adecuación das condicións de habitabilidade
Adecuación funcional
Adecuación das condicións de accesibilidade

A contía da axuda será do 60 por cento do importe do orzamento protexible da actuación e as comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública interesadas nestas axudas dispoñen dun prazo de dous meses para solicitalas.

A mellora e rehabilitación das vivendas de promoción pública e un obxectivo prioritario do Executivo autonómico, polo que ademais de subvencionar as actuación realizadas polas comunidades de propietarios, actúa de forma directa nas máis de 3.100 vivendas de promoción pública propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que conforman o parque público de vivenda en alugueiro da Xunta de Galicia.

En 2017, o Goberno galego destinará 1,4 millóns de euros á mellora e rehabilitación das vivendas de promoción pública da súa propiedade e outros 3,3 millóns de euros a actuación de rehabilitación en materia de eficiencia enerxética, co obxectivo de reducir polo menos nun 20 por cento o consumo enerxético dos mesmos. Estas axudas de eficiencia enerxética están cofinanciadas con fondos Feder.

En total, o departamento que dirixe Ethel Vázquez destinará este ano á rehabilitación de vivendas de promoción pública 5,7 millóns de euros.

Salir de la versión móvil