As parecedes da casa consistorial de Ribeira acollen dende hoxe os traballos elaborados por unha vintena de alumnos do obradoiro de artes plásticas posto en marcha dende o departamento de servizos socias.
O curso de iniciación comezou hai 3 meses, primeiro os alumnos adentráronse no debuxo artístico e logo introducíronse na pintura. O mestre, Fernando Yañez, destacou a idoneidade deste curso, no que ademais de adentrarse na arte, compartiron experiencias. Entre todos ademais realizaron unha obra conxunta.
https://www.youtube.com/watch?v=ZgjFZuUnWMw