A consellería do mar mellora a seguridade e operatividade do peirao de AGUIÑO, EN RIBEIRA

Ditas actuacións afectan a elementos de seguridade, amarre e circulación, reforzando por tanto tamén a operatividade deste porto.

En concreto o ente público vén de reparar a coroación da escaleira de pedra no peirao de atraque e fixar as orelleiras das escaleiras de gato, que se atopaban frouxas, polo que o seu arranxo minimiza os riscos para os usuarios. Ademais colocáronse 6 bitas para amarre das embarcacións.

Finalmente, reparouse tamén unha tapa de arqueta na explanada portuaria e reparáronse máis de 600 metros de superficie asfaltada mediante o bacheo de zonas danadas. Estas reparacións foran solicitadas pola confraría de pescadores e Portos de Galicia investiu máis de 9.000 euros na súa execución.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.