A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, destacou hoxe o valor dos proxectos europeos de inclusión desenvolvidos desde Galicia para a mocidade no transcurso dunha xornada conmemorativa do 30 aniversario do programa “Erasmus+: Xuventude en Acción”. Este encontro, que tivo lugar no Espazo Xove de Noia, serviu para que tanto entidades como mozos e mozas compartiran experiencias en programas de voluntariado e de educación non formal.
Na inauguración da xornada, Cecilia Vázquez, subliñou a importancia das boas prácticas e dos bos proxectos apoiados pola Administración autonómica e impulsados por colectivos como Cogami, a Fundación Paidea ou Don Bosco, entre outros, para que “mozos e mozas con especiais dificultades poidan tamén participar nas experiencias europeas de educación non formal que fomentan entre a xuventude a adquisición de habilidades e competencias que lles enriquecerán tanto no ámbito persoal como no profesional e laboral”.
A Xunta pon en valor os proxectos de inclusión e educación non formal para a mocidade desenvolvidos a través do Erasmus+
Please login to join discussion