Mais dun cento de nais pais e alumnos de 3º de primaria concentráronse en Boiro en protesta polas reválidas

Os proxenitores decidiron non enviar ós seus fillos e fillas ó colexio ó non estar de acordo con estas avaliacións, considéranas clasificadoras e elitistas.

Desconfían das intencións da administración coa realización destas probas, afirman que aínda se segue mantendo a Lomce, polo que prefiren non expor os seus fillos e fillas a estas exames. Destacan ademais que se estas probas se realizan para coñecer a calidade da ensinanza deberían avaliarse todas as materias e non so lingua e matemáticas, tamén denuncian que moitos pais e nais non recibiron o resultado desta avaliación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.