A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa. A conselleira concretou que, grazas á integración de 500 liñas de transporte escolar no transporte regular, pasarase de 2.100 a 4.500 paradas de autobús de transporte regular.
Vázquez Mourelle, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, puxo en valor estas cifras nunha rolda de prensa na que anunciou o inicio da información pública de 42 anteproxectos de explotación de transporte público de pasaxeiros que garanten a continuidade de todos os servizos actuais, reforzados na maioría dos casos.
A Xunta inicia o proceso de información pública dos 42 novos contratos de transporte que garanten a continuidade de todos os servizos actuais e os reforzan na maioría dos casos
Please login to join discussion