A finalidade é de axudar ás familias que, por motivos de traballo, precisen contratar os servizos de garderías ou coidadores profesionais para que se fagan cargo dos menores con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos fora do horario escolar.
As axudas consistirán no reembolso do 50% do gasto realizado entre o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de outubro de 2017 cun límite máximo de 2.500€ por menor.
Para acceder a estas axudas poderán dirixirse o departamento de Servicios Sociais – Centro de Información a Muller (CIM) onde lles facilitarán toda a información necesaria para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello entre os días 2 e 16 de novembro de 2017 en horario de 9:00h a 13:30h segundo o modelo de solicitude que figura nas bases da convocatoria.
O Concello de Boiro contribuirá á conciliación da vida laboral e familiar abonando o 50% do gasto en gardería ou coidadores profesionais.
Please login to join discussion