O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade do pleno a ordenanza de uso da lingua galega, o primeiro documento oficial que impulsa e inclúe o uso da nosa lingua en todos os ámbitos de actuación.
A vicepresidenta e responsábel das áreas de Normalización Lingüística e Cultura, defendeu a aprobación da ordenanza no pleno partindo dunha análise da situación actual da lingua e da necesidade do compromiso institucional para garantir o seu futuro. Lamentou, de maneira especial, a perda da transmisión xeracional e o descenso de falantes entre as xeracións máis novas e citou algúns indicadores “preocupantes” como a redución da edición de libros en galego e da lectura na nosa lingua e a súa escasa presenza no cinema, nos videoxogos ou no ámbito xurídico.
Recoñeceu tamén o papel da Administración local, como institución máis próxima, á hora de promover o proceso de normalización lingüística e garantir os dereitos lingüísticos da veciñanza. “