A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que tanto a evolución anual como a mensual son positivas, o que indica que “Galicia está creando emprego” ao rexistrase tamén nas afiliacións o maior aumento producido nun mes de maio desde o inicio da crise
Galicia rematou o mes de maio con 199.638 persoas en situación de desemprego, rexistrando por primeira vez nun mes de maio, desde o inicio da crise económica, unha cifra por debaixo dos 200.000. O paro reduciuse, ademais, tanto na evolución anual como na mensual o que indica, segundo a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que “Galicia está creando emprego de calidade”.
O paro en Galicia baixa das 200.000 persoas e sitúase a niveis de 2009 ao reducirse nun 9,45% no último ano
Please login to join discussion




