O salón de plenos do Consistorio Local foi escenario hoxe dunha sesión extraordinaria do Consello Sectorial de Pesca de Riveira co fin informar do sistema de xestión e explotación da nova lonxa e das actualizacións realizadas ata o momento, segundo solicitude do seu concesionario, UTE Lonja de Riveira, a través do seu representante Fernando Carreira.
A cita contou tamén coa presenza do director de Portos de Galicia, José Ignacio Villar, quen deu conta da previsión de plazos que se manexa para a pertura deste espazo, así agárdase que na última quincena de xuño se proceda á limpeza da lonxa (unha tarefa que levará uns dez días), esperando o arranque da nova xestión a finais deste mes ou a principios do seguinte. Villar tamen explicou que o plego de licitación garda as características que son usuais no resto de explotacións de lonxas dependentes de Portos, se ben coa singularidade de que ao ser por tres anos certos servizos como a limpeza ou a seguridade son prestados directamente por Portos en tanto non se saque a concurso a concesión definitiva.
A nova lonxa de Ribeira podería abrir a finais deste mes ou principios de xullo
Please login to join discussion