Na rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que o prazo de presentación de solicitudes desta liña ampliarase ata finais de maio de 2018, co obxectivo de mobilizar ata 20 millóns de euros no próximo ano, apoiando tanto investimentos de ampliación, renovación tecnolóxica ou modernización, como circulante para as compañías que precisen reforzar as súas estruturas financeiras ou avanzar nos seus procesos de internacionalización.
O responsable do Goberno galego explicou que as empresas beneficiarias corresponden a sectores estratéxicos da nosa economía, como o conserveiro, téxtil, madeira e moble, transformación de produtos lácteos ou pesqueiros, elaboración de viños, fabricación de envases plásticos para a industria conserveira e fabricación de pezas para a enerxía eólica ou de calzado.
https://www.youtube.com/watch?v=8VJmJmf77iU