Baixa participación nas avaliacións de 6º de primaria e 4º da ESO

Os centros educativos que resultaron seleccionados (125 de Primaria e 70 de ESO) participaron hoxe con normalidade e sen ningún tipo de incidencia na primeira xornada das avaliacións diagnósticas de 6º de Primaria e de 4º curso de ESO, que concluirán mañá.
O obxectivo destas probas é o de obter unha información comparada do sistema educativo para poder deseñar programas de mellora máis axeitados ás posibles eivas que se poidan detectar. Cómpre subliñar que non substitúen o labor dos docentes, senón que o reforza na medida en que están configuradas como unha ferramenta complementaria máis que permiten anticiparse aos problemas e implementar medidas correctoras para o conxunto do sistema. Mais tanto o alumnado como os proxenitores, todavía non están convecidos do carácter muestral das probas. Así o comprobamos no IES nº 1 de Ribeira, onde tan so unha alumna se presentou a esta avaliación.

https://www.youtube.com/watch?v=xWuE6vHOwG0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.