Arousa Norte Participa Un Ano Máis Na Convocatoria Dos Premios Coopera

O vicepresidente da Xunta mantivo onte unha reunión cos integrantes da Mancomunidade Arousa que volven a concorrer á convoctaria dos premios Coopera Galicia, convocados pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os premios Coopera Galicia.
O obxectivo destes premios é impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos Proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia. A entidade supramunicipal acadou o primeiro premio no ano 2013 co proxecto Prestogal Concellos. Esta inciativa contempla o deseño e posta en marcha dun software informático que facilite a xestión compartida de determinados recursos públicos, a través do préstamo, explotación e uso común entre os diferentes concellos que integran a mancomunidade Tratase de iniciar o camiño cara unha nova forma de xestionar os servizos públicos e de gobernar en equipo e conxuntamente, creando sistemas eficientes e eficaces.
Este proxecto é pioneiro en Galicia e o seu éxito permitiría o posicionamento do territorio da Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, entorno a proxecto innovadores e tecnolóxicos. Co obxectivo de continuar con este posicionamento , como parte dunha estratexia integral por parte da Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte e atendendo a algunhas das necesidades identificadas ao longo do proxecto de deseño e posta en marcha do Prestogal Concellos, no ano 2014 decidiuse volver a concorrer aos premios premios Coopera Galicia Entidades Locais co Prestogal Cidadán. Consiste no deseño e posta en marcha dunha web que facilite o préstamo de recursos entre a cidadanía e que ao mesmo tempo permita a cesión por parte da cidadanía de determinados recursos á área de servizos sociocomunitarios e que serían xestionados como material mancomunado.

http://youtu.be/8MhG2jHLkcU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.