A Deputación da Coruña concedeu os galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia nun acto celebrado na Finca Montesqueiro, en Oleiros, que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, así coma outros alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia.
A empresa pontesa Encapsulantes de Valor Añadido (EVASA) foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada da provincia, mentres que a compostelá E-Monte obtivo o premio na categoría de empresas novas, de menos de doce meses de antigüidade. Cada unha das galardoadas recibiu un premio de 25.000 euros.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns a ambas as dúas empresas, das que destacou a «gran capacidade de innovación, un compoñente que levan inscrito no seu ADN e que lles permitiu destacar» entre as 70 empresas que se presentaron aos premios.
A Deputación outorga os premios ás mellores iniciativas empresariais á pontesa Evasa e á compostelá E-Monte
Please login to join discussion