O Centro Cultural Lustres Rivas vai servir de escenario entre os días 12 e 14 de xullo dun curso de verán sobre Avances en Criminoloxía e Psicoloxía Xurídica da man da Universidade de Santiago de Compostela
O curso, que contará coa colaboración do Concello de Riveira, o Grupo Lo Monaco, a Asociación Española de Psicoloxía Condutual e o Consello Xeral de Psicoloxía de España, estará conducido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía Clímina, criminólogo e director do Master Oficial en Psicoloxía Xurídica e Forense pola Universidade de Granada.
Contará cun total de 25 horas lectivas. Os interesados dispoñen ata o 30 de xuño para poder matricularse (importe: 120 euros, habendo unha taxa reducida de 70 euros aplicable a estudantes universitarios, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC, estudantes de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, e PDI e PAS da USC).
https://www.youtube.com/watch?v=jkumvEHNPdA