A Xunta de Galicia inicia os trámites da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Así o anunciaron hoxe os conselleiros de Medio Ambiente e Educación e Cultura, Beatriz Mato e Román Rodríguez, no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre en Vigo.
A titular de Medio Ambiente explicou que o Executivo galego vén de enviar ao Ministerio de Cultura a documentación que ten por obxecto xustificar o valor universal excepcional deste parque.
Tal e como indicou Beatriz Mato, as compoñentes naturais e paisaxísticas de valor contrastado, así como a súa contorna “inigualable” para a contemplación e o gozar do medio natural, tanto na área costeira como na mariña; e a riqueza e diversidade dos ecosistemas submariños son algúns dos moitos valores que fan que este parque nacional cumpra cos criterios de selección establecidos polo Comité de Patrimonio Mundial.
A Xunta inicia os trámites da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade na categoría de Ben Natural
Please login to join discussion