O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe, durante unha reunión co presidente da Cámara de Deputados do Uruguai, José Carlos Mahía, a confianza do seu Goberno nas empresas galegas para facer infraestruturas de primeiro nivel no país.
Deste xeito, Feijóo trasladou a satisfacción de que dúas empresas galegas do sector da construción fosen adxudicatarias dun contrato en materia viaria que suporá un potente investimento de 400 millóns de dólares. Así mesmo, e á espera de que se peche o contrato, o titular da Xunta salientou que esta obra forma parte do Proxecto de Infraestruturas do país, presentado polo presidente da República Oriental do Uruguai, Tabaré Vázquez, o pasado mes de novembro en Galicia.
Ao longo da xuntanza, Feijóo incidiu na disposición de Galicia para seguir colaborando co país suramericano, tanto no eido das infraestruturas como noutros sectores.
O presidente da Xunta referiuse á solvencia da Comunidade como o mellor aval para abrir novas oportunidades de negocio co Uruguai.
Feijóo valora a confianza do Goberno de Uruguai nas empresas galegas para facer infraestruturas de primeiro nivel no país
Please login to join discussion