A Partir De Mañá Poderanse Mercar As Entradas Da Novena Xuntanza Do Maior Coa Expectativa De Que Van Asistir Arredor De 1000 Persoas

A novena edición da Xuntanza do Maior de Riveira xa ten data de celebración. Será o domingo 23 de novembro e dende mañá mércores xa será posible adquirir as pertinentes entradas na tesourería do Consistorio Local.

A concelleira de Servizos Sociais e Promoción Social de Riveira, Maricarmen Vizcaya, presentou o evento en compaña da xefa de servizo de Servizos Sociais, Francisca Vidal. A edil municipal cualificou de “continuísta” esta nova edición con respecto ás últimas convocatorias. De feito, o prezo será igual que o do ano pasado -16 euros- e o xantar seguirá desenvolvéndose no pavillón polideportivo da Fieiteira.

http://youtu.be/RbcJbyut9j8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.