A xerencia de santiago mantén operativas máis do 88% das camas hospitalarias no verán, cifra superior ao ano pasado

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago ven de planificar como todos os anos antes do verán, do mesmo xeito que fan o resto de hospitais, o número de camas operativas durante a época estival. Ná área compostelá manteráse operativas máis do 88% das camas, cifra superior ao do ano pasado, co fin de porporcionarlle as vacacións ao persoal e levar a cabo determinadas obras de mantemento. A porcentaxe media de ocupación estival no 2016 foi do 75%.
O incremento de operatividade con respecto ao ano pasado, permitirá incrementar a actividade cirúrxica eses meses contando coa dispoñibilidade do profesionais
A decisión sobre o alcance desta programación tómase tendo en conta a responsabilidade principal da sanidade pública galega de garantir a seguridade e calidade asistencial dos pacientes, respectando a prioridade das súas patoloxías, sen retrasar procesos, e que de seren necesarias, as camas poderían activarse en calquera intre.
Esta reorganización faise coincidir, como cada ano, co período do verán, pois é a época na que hai menor demanda asistencia e é cando se rexistran menos patoloxías por ingresos estacionais e menos reagudizacións de enfermidades crónicas.
A diminución da actividade permite, amais, que durante estes meses se concentre a maior porcentaxe de vacacións dos profesionais nos nosos centros. Racionalízanse as actividades valorando os recursos humanos dispoñibles, posto que no verán, como sucede con outras profesións, é o período máis demandado polo persoal para vacacións regulamentarias.
Por outra banda, aprovéitase este período para levar a cabo obras.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.