A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís, co compromiso, reiterou, de lista de espera cero.
Durante unha visita ao centro interxeracional da Fundación Amancio Ortega en Arteixo, Feijóo lembrou ademais que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos fogares galegos o Bono Concilia para asegurar ás familias que non teñan unha praza nunha escola pública, unha praza concertada.

Feijóo concluíu incidindo na traxectoria solidaria da Fundación Amancio Ortega, unha traxectoria que contribúe a que Galicia sexa hoxe máis solidaria, con 20.660 prazas máis que en 2009 de centros de día, de residencias para maiores, para persoas con discapacidade, ou de escolas infantís, entre outras.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.