Os traballadores municipais festexan hoxe o día da súa patroa, Santa Rita. Como é habitual traballadores dos concellos das comarcas da Barbanza e Noia festexaron xuntos este día. A celebración organizada este ano polo concello de Boiro, comezou cunha recepción na casa consistorial, dende alí alcaldes e traballadores dirixíronse ata o estuario do rio Coroño, onde se celebrou unha misa dirixida polo párroco de Lampón, don Marcelino Sánchez.
Trala celebración eucarística dispúxose un pincho no restaurante Estrella del mar, rematando a celebración cun xantar no restaurante Chicolino de Boiro.
https://www.youtube.com/watch?v=jMRMRd3NyQ0