Mañá comeza a veda do polbo en galicia e rematará o 3 de xullo

Os naseiros traballaban esta maña na retirada das nasas do mar, ante o inicio da veda do polbo. A veda do polbo en Galicia comezará mañá e remata o 3 de xullo, tal e como especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para esta campaña.

A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan de experimental do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable, pero segundo apuntan os mariñeiros, o cambio climático está a afectar o ciclo de vida da especie, e a veda xa non coincide coa reprodución, polo que debería ser adiantada.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.