AROUSA NORTE recupera unha ruta a pé vinculada coa marítimo fluvial da traslatio

A Mancomunidade Arousa Norte traballa na recuperación dunha ruta a pé vinculada coa ruta marítmo-fluvial da traslatio dos restos do Apóstol Santiago que discorre polo litoral norte da ría de Arousa e pola beira da desembocadura do río Ulla. A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, salientou que con esta actuación “trátase de potenciar os recursos naturais de Arousa Norte poñendo en valor un percorrido vinculado coa tradición xacobea”.
Neste sentido, Maruxa Ledo destacou que os traballos de recuperación do sendeiro natural están a constatar a existencia de referencias heráldicas, tallas de imaxes, igrexas, cruceiros e mesmo alusións a un antigo hospital para peregrinos que vinculan esta comarca coa tradición xacobea.

https://www.youtube.com/watch?v=u4QVKtt6wiw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.