Feijóo confía en que, grazas ao esforzo compartido entre Galicia e o norte de Portugal, o Cumio Ibérico sente as bases dunha Eurorrexión máis competitiva, innovadora e sobre todo, máis unida

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confiou hoxe en que, grazas ao esforzo compartido da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Cumio Ibérico do vindeiro 29 de maio sente as bases dunha Eurorrexión máis competitiva, máis innovadora e sobre todo máis unida.
Nesta liña, e durante a clausura este mediodía do XI plenario da Comunidade de Traballo, Feijóo avanzou que ambas as rexións xa trasladaron aos seus respectivos gobernos unha lista de demandas conxuntas en distintos eidos.
Así, en relacións ás emerxencias, o responsable do Executivo autonómico destacou a necesidade de definir un plan territorial de emerxencias transfronteirizas, que identifique os riscos, defina plans de actuacións e dea resposta conxunta baixo un mando único. Ademais de avogar por estreitar a colaboración no ámbito sanitario, o responsable da Xunta engadiu que a Eurorrexión seguirá avanzando na terceira interconexión gasista entre España e Portugal, que permita enlazar todas as entradas de gas natural licuado da fachada atlántica ao sistema ibérico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.