A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, desprazouse esta mañá ata Outes para supervisar a nova miniexcavadora de 3,5 toneladas adquirida polo concello. Puido mercala grazas ao apoio do Goberno galego cunha achega de 30.000 euros e un orzamento total de 40.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental para 2026 da liña competitiva .O alcalde de Outes, Francisco Calo, agradeceu esta achega da Xunta para que o concello poida contar con esta miniexcavadora.
O CONCELLO DE OUTES INCORPOROU UNHA NOVA MINIEXCAVADORA GRAZAS AO APOIO DA XUNTA


