O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións de Bolton Food no Grove xunto á conselleira do Mar, Marta Villaverde. O titular do Goberno galego puxo en valor a importancia da actividade conserveira galega como un sector clave na actividade da cadea mar-industria e cunha importante vinculación ao tecido económico e produtivo das localidades costeiras.
O PRESIDENTE DA XUNTA PUXO EN VALOR A IMPORTANCIA DA ACTIVIDADE CONSERVEIRA PARA GALICIA E PARA O DESENVOLVEMENTO DA CADEA MAR-INDUSTRIA


