Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PLENO DA POBRA APOIOU A MOCIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO BARBANZA COA ABSTENCIÓN DO PP

O salón de plenos do Concello da Pobra acolleu esta mañá a sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro. Arrancou coa dación de conta de diferentes decretos e informes por parte do alcalde e debido ao alto volume de puntos a tratar o primeiro en debaterse foi a moción presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, para que a corporación apoie as súas demandas ante a Consellería de Sanidade para que o PAC preste servizo a tempo completo e se garanta o acceso a unha sanidade de calidade.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil