O Plan de Emprego Local, PEL, impulsado pola Deputación da Coruña, colle forma de cara ao vindeiro ano. O ente provincial abriu onte martes o prazo para solicitar as axudas do 2027. O goberno encabezado por Valentín González Formoso dota a esta convocatoria do PEL cun orzamento inicial de 8,66 millóns de euros. Fondos que irán destinados a pemes, microempresas e autónomos de concellos rurais da provincia para que poidan contratar persoal, manter postos de traballo, modernizar os seus negocios ou facer fronte a gastos fixos.
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ABRIU O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO PEL 2027, DOTADAS DE 8,66 MILLÓNS DE EUROS


