O Hospital da Barbanza acolleu esta mañá o acto conmemorativo dos 20 anos de servizo das unidades móbiles de resonancia magnética da Consellería de Sanidade. O titular deste departamento, Antonio Gómez Caamaño, asistiu a esta efeméride e sinalou que se trata dun modelo pioneiro que nestas dúas décadas beneficiou a un elevado número de pacientes.
O CONSELLEIRO DE SANIDADE DEFINIU DE PIONEIRO O MODELO DAS UNIDADES MÓBILES DE RESONANCIA MAGNÉTICA DESPOIS DE 20 ANOS FUNCIONANDO EN GALICIA


