Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACOU A IMPORTANCIA DE AVANZAR NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, xunto a outros membros do seu executivo, participou no acto institucional polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, celebrado no Coruña Estudio Inmersivo. O presidente da Xunta fixo fincapé na importancia de avanzar na loita contra a violencia de xénero para adaptarse ás novas expresións desta lacra como a que se exerce nas contornas dixitais.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil