A décimo segunda xornada da Primeira Futgal deixou resultados positivos para os equipos da comarca enmarcados no grupo 5. O Cidade de Ribeira reafirmou o seu liderado ao superar con contundencia ao Sport Team Estrada. O Unión segue de doce ao impoñerse ao Monteporreiro nun disputado partido. A parte negativa viviuna o Abanqueiro que perdeu por 5-1.
O CIDADE DE RIBEIRA SEGUE LÍDER DA PRIMEIRA FUTGAL DESPOIS DE GOLEAR AO ESTRADA


