O golf segue enchendo o calendario deportivo da comarca. Esta fin de semana o Barbanza Golf ten un dos pratos fortes deste final de ano: a terceira proba do X Circuíto Barbanza Arousa. Nesta ocasión está adicada ao Concello de Boiro e a competición desenvolverase entre o venres 27 a partir das 15.30 horas e o domingo 29, coa proba arrancando ás 11.00 horas.
NOVEMBRO DESPÍDESE DO BARBANZA GOLF COA DISPUTA DA TERCEIRA PROBA DO CIRCUÍTO BARBANZA AROUSA


