A carpa multiusos de Ribeira acolleu na tarde de onte un mitin do PP. O presidente dos populares de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou na súa intervención que esta última semana de campaña electoral ten que ser aínda máis intensa. Definiuna ata o momento de positiva, pero sostivo que hai que facer un último esforzo avogando polo voto útil ao partido encabezado por Alberto Núñez Feijóo.
RUEDA PIDE EN RIBEIRA INTENSIFICAR A CAMPAÑA NA RECTA FINAL PARA DARLLE A VITORIA A FEIJÓO O 29N


