A Xunta analizará a construción de beirarrúas na zona da Casilla nun estudo de mobilidade sostible na comarca do Barbanza

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, ao que lle trasladou que a Xunta analizará a construción de beirarrúas na zona da Casilla, no marco dun estudo de mobilidade na comarca que se realizará proximamente.

Vázquez Mourelle explicoulle ao rexedor que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) contratará un estudo para a redacción da ‘Estratexia de mobilidade sostible na comarca do Barbanza’, no que ademais da citada actuación, se analizarán as necesidades da estrada AC-305, que se desenvolve ao longo da bisbarra, así como as prioridades a acometer.

Neste encontro, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de infraestruturas viarias no municipio rianxeiro, que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños da área.

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, continúa a traballar na conservación e mellora da rede viaria autonómica coa fin de ofrecer unhas estradas cómodas e seguras aos cidadáns, ao mesmo tempo que se potencia o desenvolvemento económico e social dos concellos galegos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.