Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA APROBA O PLAN DE SEGURIDADE VIARIA DE GALICIA CUN INVESTIMENTO DE 850 MILLÓNS ATA 2030

Esta mañá a sala do Consello, en San Caetano, abriu as súas portas para celebrar un novo Consello da Xunta. O Goberno galego afondou en diferentes temas de todos os ámbitos. Un dos máis destacados foi no eido viario. A Xunta deu luz verde ao novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia Horizonte 2030, que prevé un investimento de case 850 millóns de euros. Isto supón máis que duplicar o orzamento reservado para mellorar a seguridade nas estradas autonómicas galegas, respecto do plan anterior que contou con 363 millóns para o período 2022-2025.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil