A Superliga 2 desenvolveu esta fin de semana unha nova xornada na que o Rotogal tivo que facer as maletas para xogar en Gran Canaria ante o Bus Leader San Roque. Dentro do equipaxe había confianza e gañas de enlazar unha nova vitoria, pero os locais foron un rival moi duro e viuse un encontro igualado no municipal El Batán. A pesar de loitalo ata o final, os boirenses caeron no quinto set para perder por 3-2.
O ROTOGAL PERDEU NUN IGUALADO ENCONTRO CO SAN ROQUE


