Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BNG ESIXE SOLUCIÓNS URXENTES AOS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO REXISTRADOS NA COMARCA

O pasado 14 de novembro entrou en servizo a nova concesión de autobús na comarca do Barbanza. Despois de case unha semana as problemáticas, lonxe de resolverse, empeoraron. Así o afirmou a deputada do BNG, Rosana Pérez, quen sinalou que o seu grupo rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para denunciar os graves problemas que está a provocar a nova concesión do transporte público. Ademais de reclamar á Xunta actuacións urxentes para atender as necesidades das persoas usuarias.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil