Deputación Da Coruña

Arousa norte prepara unha programación estival dirixida a incrementar o volume de visitas neses meses

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte aprobou esta mañá algunhas das accións nas que está a traballar xa a entidade destinadas a atraer visitantes durante os vindeiros meses e concretamente, na época estival. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, salientou que “se está a traballar para consolidar o incremento de visitantes que vimos rexistrando este ano.
Así,durante os próximos meses, Arousa Norte desenvolverá unha nova edición dos Vermús Musicais e tamén do Circuíto Catro Carreiras e Unha meta, que percorre os catro concellos durante os meses de verán.
#Vermusmusicais é un ciclo de concertos realizados na rúa nos catro concellos do Barbanza de xeito simultáneo durante os domingos de agosto na franxa horaria do mediodía, entre as 13.00 h. e as 15.00 h. No marco desta acción, Arousa Norte pretende crear un produto cultural e turístico, apostando polo traballo colaborativo entre as distintas entidades organizadoras, entre as que se atopan os concellos, a Mancomunidade e a Deputación Provincial de A Coruña.
Por outra banda, visto o éxito de anteriores edicións, Arousa Norte dará un impulso ao Circuíto Catro Carreiras e unha meta durante este ano 2017, facendo unha importante aposta pola súa difusión tanto online como offline.
O Pleno da Mancomunidade tamén deu o visto e prace a outras actuacións de promoción de Arousa Norte como é a participación da entidade na feira turística de Silleda Festur 2017, na que se promocionarán as festas declaradas de interese turístico dos catro concellos como son a Festa da Guadalupe de Rianxo; a Festa da Dorna de Riveira; a Festa do Nazareno da Pobra do Caramiñal e a Festa de San Ramón de Bealo de Boiro.

https://www.youtube.com/watch?v=J_1pQESImNA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.