O arranque do 2026 estivo pasado por auga. As borrascas e os temporais afectaron á actividade no mar, polo que os profesionais non puideron desempeñar con normalidade o seu traballo. Isto afectou ás confrarías de Aguiño e Ribeira nunha campaña que teñen conxunta: a do ourizo. O mal tempo impediu que esgotaran os días asignados a este recurso, polo que aínda poden capturar ourizo neste final de ano. Polo momento, os profesionais non teñen datas asignadas.
AGUIÑO E RIBEIRA ANALIZAN OPCIÓNS PARA ESGOTAR OS DÍAS PENDENTES DO OURIZO


