Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACOU O CAMIÑO DE SANTIAGO E O KUMANO KODO COMO SÍMBOLOS DE UNIÓN ENTRE GALICIA E XAPÓN

Esta mañá o titular do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, José López Campos e do comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, recibiu no Pazo de Raxoi ao gobernador da prefectura xaponesa de Wakayama, Izumi Miyazaki. O presidente da Xunta destacou o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo como símbolos de unión entre Galicia e Xapón. Destacando tamén que estas dúas rutas son as únicas do mundo recoñecidas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil