O polígono de Augalevada, en Noia, acolleu esta mañá unha reunión de traballo entre diferentes representantes do PSdeG-PSOE e a asociación de empresarios locais. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, estivo acompañado polos candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Alvite e Sindo Guinarte. E na xuntanza afondáronse diferentes cuestións, dende as preocupacións dos profesionais á situación actual do mercado laboral.
GÓMEZ BESTEIRO COMPARTIU COS EMPRESARIOS DE NOIA UN ESPAZO PARA ANALIZAR E AFONDAR NA SITUACIÓN LABORAL DA VILA


