A Deputación da Coruña vén de anunciar unha nova liña de axudas. O ente provincial convoca 3,7 millóns de euros a cinco liñas de subvencións para apoiar o traballo que realizan as entidades sen ánimo de lucro na provincia, e que o fan no ámbito social. Están previstas para outorgalas o vindeiro 2027, pero poden solicitarse a través da plataforma telemática da Deputación, SUBTEL, dende mañá día 20 ata o vindeiro 18 de desembro.
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA 3,7 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA AS ENTIDADES SOCIAIS DA PROVINCIA


