O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou este mediodía que, neste momento, todos os estaleiros galegos teñen xa carga de traballo asignada e están en plena actividade. Carga de traballo con destino a territorios como Perú, México, Noruega, Indonesia, Rusia ou Groenlandia, citou a modo de exemplo, facendo fincapé en que, pouco a pouco, os estaleiros galegos foron recuperando o interese de terceiros países ata encher a súa carteira de pedidos.
Durante unha visita ás instalacións de Factorías Vulcano, Feijóo afirmou que as perspectivas son hoxe ben distintas ás que se albiscaban poucos anos atrás.
https://www.youtube.com/watch?v=RgSktUsDpn0