O sindicato da Policía Nacional de referencia en Galicia, a Confederación Española de Policía, esixe ao Ministerio do Interior a creación, de forma urxente, dun grupo da unidade de Drogas e Crime Organizado, UDYCO, da Policía Nacional na comisaría de Ribeira. A CEP sostén que é necesario para facer fronte ao avance do narcotráfico na comarca do Barbanza e tamén para dar resposta ás particularidades operativas da zona.
A CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE POLICÍA RECLAMA AO MINISTERIO DO INTERIOR A CREACIÓN DUNHA UNIDADE DE DROGAS E CRIME ORGANIZADO EN RIBEIRA


