A Creba, en colaboración co Concello de Ribeira, impulsou a terceira edición do concurso de relatos breves “Ecos da Mente”, unha iniciativa cun obxectivo claro: dar visibilidade á saúde mental e eliminar os estigmas sobre esta realidade coa escrita. Esta mañá déronse a coñecer aos gañadores deste certame que contaba con catro categorías.
EMILIO FERNÁNDEZ DE SANMAMED, MELINA SANTAMARÍA, SILVIA POUSO E ZAIRA NIETO GAÑARON O CONCURSO DE RELATOS BREVES “ECOS DA MENTE”


