Esta mañá o Parlamento de Galicia acolleu unha nova sesión plenaria. Un dos puntos que se debateu foi a aprobación da nova Lei de Educación Dixital de Galicia, que contou co respaldo do Partido Popular, a abstención de Democracia Ourensana e as críticas de BNG e PSdeG-PSOE. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, defendeu a norma para fixar un marco estable ante os avances tecnolóxicos.
O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA


